Comunidade
Vantaxes
Requisitos
Mentores/as
Premios
Votacións
Encontros
Contacto
Rede Social
Acceder
Menu
Comunidade
Vantaxes
Requisitos
Mentores/as
Premios
Votacións
Encontros
Contacto
Rede Social
Acceder
REXÍSTRATE
Comunidade
Vantaxes
Requisitos
Mentores/as
Premios
Votacións
Encontros
Contacto
Rede Social
Acceder
Menu
Comunidade
Vantaxes
Requisitos
Mentores/as
Premios
Votacións
Encontros
Contacto
Rede Social
Acceder
REXÍSTRATE
Votacións
Por favor, activa JavaScript no teu navegador para completar este formulario.
Diseño
Nome
*
Apelidos
*
Email
*
DNI
*
Vota un finalista por categoría
Para seleccionalo só tes que premer na súa imaxe.
Lembrade que só se terán en conta as persoas REXISTRADAS na comunidade de ALUMNI-UVIGO. Aínda estás a tempo de rexistrarte
AQUÍ.
A continuación podes elexir un finalista por cada categoría premendo sobre a imaxe do candidato
Non é necesario votar a todas as categorías. Recorda que só un voto por categoría e só poderás votar unha vez.
Gracias por participar na selección de finalistas
Próximamente enunciaranse os premiados en cada categoría. Recordámosche a continuación os candidatos.
Categoría: Premio Alumni-Uvigo Traxectoria profesional
Marco Casanova Álvarez:
Graduado en Enxeñería de Aeronáutica e do Espazo pola Universidade de Vigo, actualmente traballa en Serco como Enxeñeiro de Operacións Espaciais para a Axencia Espacial Europea. Dende hai ano e medio é o responsable do ordenador de a bordo da misión EarthCARE, o que deu soporte durante o seu recente lanzamento. Ademais do seu traballo nunha organización punteira a nivel tecnolóxico como é a ESA, está a desenvolver o seu doutoramento na Universidade de Vigo con numerosas publicacións centradas en problemas de astrodinámica ademais de outros retos tecnolóxicos das misións espaciais.
Xosé Carlos Rodríguez Vázquez:
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo, leva case 30 anos traballando como responsable de investigación de Mercados e economista no grupo editorial ANAYA, referente no mundo da educación e a edición. Desempeño un papel esencial na investigación e análise de mercado, proporcionando información valiosa para a toma de decisións estratéxicas. O meu traballo contribuíu a mellorar a calidade e accesibilidade dos materiais educativos, beneficiando a estudantes e profesionais. Grazas á miña dedicación e experiencia, contribuín ao desenvolvemento e crecemento do sector educativo, promovendo o coñecemento e a aprendizaxe continua na sociedade.
Pablo Rodríguez Torres:
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, son o fundador e director creativo da marca REIZENTOLO, que naceu nas aulas da facultade ca idea de facer deseño poñendo en valor a cultura popular de Galicia. Na actualidade, REIZENTOLO é unha marca recoñecida e referente para toda unha xeración de galegas, e ten xerado mais de 25 empregos directos e 7 locais propios en Galicia. Entre outros recoñecementos, gañou o premio ao mellor concepto galego de Franquía, premio Xoan Manuel Pintos ao compromiso coa Lingua Galega, premio Expopress á dinamización Cultural en Galicia. Recentemente publicou o libro "20 Anos de reizentolo" (Editorial Galaxia, 2023).
Categoría: Premio Alumni-Uvigo Emprendemento
Brais Armiño Franco:
Graduado en Enxeñería da Enerxía pola Universidade de Vigo. É cofundador da empresa AtlantHy, a cal está a contribuír á descarbonización do medio ambiente, ao entrar no sector das enerxías limpas/combustíbeis renovables. Dende AtlantHy, colaboran e lideran distintos proxectos en tarefas de enxeñería e consultoría. Así mesmo, estan desenvolvendo e patentando sistemas offshore de produción de hidróxeno así como software de cálculo de custos de produción de hidróxeno que axude ás empresas do sector a analizar con maior rapidez e precisión os proxectos de hidróxeno, favorecendo a busca de oportunidades e a creación de novos proxectos. Ao mesmo tempo, formo profesionais neste sector a través do Podcast Hidróxeno.
Erea Rodríguez Martínez:
Licenciada en Química pola Universidade de Vigo, fai uns anos abandoou o sector farmacéutico na que viña traballando para embarcarse na aventura do emprendimiento, fundando xunto cunha socia Skeirrum, unha empresa especializada en deseñar e organizar Escape Rooms dixitales e persoalizados. Cada actividade de Skeirrum combina a emoción dunha busca do tesouro coa lóxica e os crebacabezas das salas de escape, combinando así a súa paixón pola tecnoloxía e os xogos nunha ferramenta de aprendizaxe. As temáticas das suas experiencias son moi diversas, por iso o seu lema, “Se podes soñalo, podemos deseñalo”.
Raquel Gómez Villar:
Graduada en Bioloxía pola Universidade de Vigo, a raiz da bagada de incendios que asolou Galicia en outubro de 2017 participou xunto coa súa socia actual no programa Incuvi Emprende da UVIGO, no que maduraron a súa idea de negocio. En decembro do 2019 constituiron "SomosTerra", unha cooperativa que ten por obxectivo educar, sensibilizar e implicar aos diferentes axentes da sociedade para activar a sostibilidade no territorio. O seu proxecto medrou pouco a pouco e dende fai tres anos é a sua maior fonte de ingresos, traballando en diversos proxectos de formación e divulgación. Actualmente estan a traballar nun novo proxecto de creación dun bosque comestible para fomentar a agroecoloxía a través dun programa de inclusión social e voluntariado.
Categoría: Premio Alumni-Uvigo Humanidades
Denis Carballás Riveiro:
Graduado en comunicación audiovisual e cun mestrado en Dirección de Arte e publicidade pola Universidade de Vigo. Como deseñador gráfico e ilustrador, a súa liña profesional busca fomentar e poñer en valor a cultura local, desenvolvendo diferentes publicacións e accións neste eido. Por exemplo, o libro "Son da Cidade" (Editorial Galaxia, 2022), co-autorizado con Pablo Vázquez e que deu lugar a varias presentacións ca intervención de diferentes músicos. Tamén ilustrou o libro 'Alén das estrelamares' de Xoan Xosé Lago (Editorial Galaxia, 2023). Tamén participou no fanzine 'NeoVigo' do Galicia Freaky Film Festival e gañei o primeiro premio do certame co meu cómic 'Gas Mask' (2023). En vídeo, codirixo o documental 'Cuna de musicians' (2017) e participo na gravación e edición de varios videoclips e actuacións en directo de grupos. Actualmente, colabora coa revista Ethos, ilustrando seccións da revista, e co Wordscape en Liverpool facendo traballos de creación de logotipos e identidades gráficas para diferentes clientes de Merseyside. Ademais, está a apostar pola creación da marca "Son da Cidade" como seña de identidade que poida ser empregada por institucións locais na celebración de eventos culturais.
Rosanna Ojea Carnero:
Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Universidade de Vigo, é fundadora do Vitruvia Café e promotora do Festival de Outono de Música Clásica e Jazz en Vigo, do Musicav e do espazo Compass "De Bach a Glass", xurdido trala renovación da histórica academia Compás. Así, suma á divulgación musical o aprendizaxe tanto da súa interpretación como da súa escoita, incidindo no seu valor social, persoal e terapéutico. Ademais dun novo concepto de academia de musica neste espazo podese gozar de veladas musicais, artísticas e divulgativas.
Valentina Marta Rodríguez:
O amor polos idiomas fíxolle estudar Tradución e Intepretación na Universidade de Vigo, o cal sumado o seu interese pola medicina lle converteu en tradutora médica. Co seu traballo reivindicar o uso do galego e do castelán como linguas da ciencia e contribúe ao seu desenvolvemento. Traduce para importantes laboratorios farmacéuticos e está especializada no eido das enfermidades raras, visibilizando aos pacientes que as sofren e intentando así mellorar a súa calidade de vida mediante a literatura médica traducida. Compaxina a tradución coa investigación e a docencia, onde traslada estes coñecementos para que o alumnado coñeza de primeira man como funciona o mercado real da tradución.
Categoría: Premio Alumni-Uvigo Impacto Social
Diego Ferraz Castiñeiras:
Graduado en Ciencias Ambientais e cun mestrado en Oceanografia pola Universidade de Vigo, actualmente traballa como técnico de proxectos e divulgador científico especializado en cambio climático. De feito, baixo a marca persoal "Ecodiuku" comunica sobre a problemático da emerxencia climática, as súas consecuencias e solucións. Utiliza un formato asequible pero riguroso, tanto en contido audiovisual para redes como Instagram ou tiktok, como escrito para twitter/x ou prensa. Ademais tamén imparte charlas e ponencias sobre a temática. Grazas a este traballo puido participar en tres Cumios do Clima.
Javier Cebreiros Fernández:
Graduado en administración e dirección de empresas, e cun mestrado e doutorado en Comunicación pola Universidade de Vigo. Como comunicador e docente, vive convencido do potencial da nosa xuventude e cultura e é dos que sabe da capacidade académica ou empresarial de Galicia. Cansado de recibir durante anos o perverso consello de «en Madrid iríache mellor» ou escoitar á mocidade dicirme «fora terei máis saídas», fai anos que atopou o seu propósito: impactar positivamente na seguinte xeración. Ademáis do se extenso currículum e autoria de varios libros sobre comunicación, destacar a sua involucración no proxecto ENSAIA. que na actualidade está a ter un gran impacto social e cultural e a través do cal está a fomentar a visibilización do talento existente na mocidade de Galicia. ENSAIA. é un movimiento social que, cunha visión a largo prazo e grazas as doacións demais de cen persoas que conforman a comunidade, otorga bolsas a xoves talentos con ideas que impactan social, cultural o económicamente en Galicia.
Joseba Delgado Parada:
Graduado en Educación Primaria e Mestrado en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos, é investigador predoutoral FPU no programa de Ciencias da Educación e do Comportamento na Universidade de Vigo. Traballou no proxecto europeo Worldplaces, destinado á inclusión de mulleres migrantes vulnerables, para o cal se deseñaron recursos baseados na metodoloxía creativa design thinking para a intervención socioeducativa, publicados en aberto no portal web Thinklusion. Actualmente está testando estes recursos nunha ONG para favorecer a identificación e resolución de problemas de migrantes e imparte formacións en liña a persoal educador. Espérase un impacto social positivo no apoderamento e inclusión socioeducativa e laboral das destinatarias, así como, na formación profesional do persoal educador. Dende os inicios investigadores e docentes, desenvolveu esta liña de traballo en diferentes artigos, capítulos, congresos e proxectos de investigación.
Categoría: Premio Alumni-Uvigo Investigación
Alejandro Gómez Yepes:
Cun doutoramento en enxeñería electrónica pola Universidade de Vigo, o candidato (índice h=41) foi coautor de preto de 50 congresos internacionais e 70 artigos de revistas, recibido a día de hoxe máis de 7000 citas, que implicaron colaboración internacional, a maioría no primeiro cuartil do JCR e con el como primeiro autor. Está no primeiro 2% de científicos seleccionados por Elsevier & Universidade de Stanford. É editor de revistas de prestixio e participou en 9 proxectos competitivos financiados con fondos públicos, sendo o P.I. de 2, e en 5 proxectos con financiamento privado. Recibiu un FPI, unha bolsa posdoutoral GAIN, 4 premios de traballo, o Premio Extraordinario de Doutoramento, unha beca RyC, o I3 e a bolsa Consolidación-Investigadora 2022.
Carlos Spuch Calvar:
Cun doutoramento en neurociencia pola Universidade de VIgo, actualmente é Investigador R4 e PI do Grupo de Neurociencia Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur (IIS-Galicia Sur) e do grupo GCV17/SAM1 do CIBERSAM. É autor de máis de 90 artigos e capítulos de libros, máis de 250 comunicacións e 6 patentes entre moitas actividades divulgativas e educativas. Imparte docencia no máster en nutrición da Universidade de Vigo e no Máster en Ciencias Biolóxicas da Universidade de Vigo. É director e profesor do curso de Formación Continua: Somos o que comemos? como afecta a nutrición á nosa saúde nos hospitais do CHUVI e do CHOU.
Estefania Paredes Rosendo:
Licenciada en Ciencias do mar pola Universidade de Vigo e presidenta da Sociedad Española de Criobioloxía, profesora adxunta á catedra UNESCO de criobioloxía con sede en Ukraine, e membro electo do Board of governors Society for Cryobiology e da directiva da Asociación de Oceanógrafas de Galicia. Lidera a investigación en Criobioloxía mariña a nivel mundial, desenvolvendo protocolos de conservación de celulas mariñas coa aplicación de organismos modelo, biobanking, acuicultura e conservación da biodiversidade. Coa súa actividade promove o nome do CIM e da Universidade de Vigo polo mundo.
Aceptación ID Alumni-UVigo
*
Son coñecedor/a de que o meu voto non se terá en conta se a dia de peche do período de votacións non estou rexistrado/a como usuario da comunidade Alumni-UVigo máis info aqui:
https://alumni.webs.uvigo.es
Aceptación de la RGPD de Alumni-Uvigo
*
Declaro que todos os datos son certos e que entendo e acepto a
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
da Universidad de Vigo
*
– Responsable dos datos: Universidad de Vigo
– Finalidade: responder as dúbidas e puntualmente envío por mail de noticias e ofertas
– Lexitimación: o teu consentemento expreso
– Destinatario: lista de suscritores aloxados na Universidad de Vigo
– Dereitos: acceso, rectificación, supresión, anonimato, portabilidade e olvido dos teus datos
VOTAR
Nuestra web utiliza cookies propias y de terceros para analizar sus hábitos de navegación y elaborar estadísticas sobre su interacción con nuestro sitio web. Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.
Rechazar
Aceptar
Privacidad