Con este programa de mentorías, dende a Universidade de Vigo, queremos lograr que ti como titulado e titulada ou estudante dos últimos cursos de grao, mestrado e doutoramento mellores as túas habilidades para a empregabilidade a través do asesoramento e consellos dun ou dunha profesional en exercicio da túa mesma área de coñecemento.
Se queres complementar este programa cunha entrevista de orientación laboral individualizada, non dubides en contactar co servizo de orientación laboral da Área de Emprego e Emprendemento da propia universidade.
O obxectivo final é mellorar a inserción laboral das persoas participantes neste programa.
Tí podes. Calquera profesional rexistrado na comunidade alumni-UVigo que teña experiencia nun determinado sector e que queira dedicar, de xeito altruísta, unha pequena parte do seu tempo a compartir a súa experiencia profesional, apoio, motivación e crítica construtiva co obxectivo de mellorar a inserción profesional do estudantado e dos titulados e tituladas da Universidade de Vigo no seu percorrido á incorporación ao mercado laboral.
Si, sempre que sexas estudante dos últimos cursos de grao, mestrado ou doutoramento da Universidade de Vigo ou persoa titulada rexistrada na comunidade alumni-UVigo e esteas disposto/a a coñecer a experiencia dun ou dunha profesional e recibir o seu apoio, motivación e crítica construtiva co obxectivo de que te axuden no teu percorrido á incorporación ao mercado laboral.
Haberá colaboracións entre os perfís e os roles asumidos por algúns dos e das alumni. Experto/a, mentor/a, anfitrión/oa, embaixador/a, mecenas ou patrocinador/a son algúns dos roles cos que poderás actuar ou gozar dentro do alumni.
Non é obrigatorio pertencer a ningún destes colectivos, pero si é unha gran vantaxe ter xente con grande experiencia e poñela a disposición dos e das alumni.
© 2024 Alumni Universidad de Vigo
Aviso legal | Privacidade | Cookies