Apoiámoste no eido laboral Atopa o apoio que precisas na elaboración do teu itinerario persoal de busca ou mellora de emprego, orientación na análise e no traballo coas ferramentas necesarias: currículo, cartas de presentación, protocolo para entrevistas de selección de persoal, etc.
Consegue e oferta emprego Poñemos á túa disposición o servizo de ofertas de emprego e de prácticas, ben para facilitarche que atopes o emprego que buscas, ben, se tes unha empresa, para achegarte os e as profesionáis que máis se axusten ás túas necesidades.
Apoio no teu emprendemento Dende a Universidade de Vigo pomos á túa disposición un servizo de apoio á creación de empresas, mediante o cal persoal técnico especializado en emprendemento poderá axudarche a madurar a túa idea de negocio.
Formación integral Ofrecémosche unha formación continua para satisfacer as túas inquietudes intelectuáis e persoáis. Ademais de ofrecerche formación oficial de posgrao, dispoñemos dunha oferta formativa variada de títulos propios para profesionáis de distintos sectores.
Mellora as túas habilidades lingüísticas Accede a cursos de linguas ofrecidos polo Centro de Linguas con prezos especiais por ser parte da comunidade. A oferta inclúe a aprendizaxe e a mellora do inglés, alemán, francés, chinés e portugués. Ademais poderás realizar exames oficiais.
Apoio á cultura Co obxectivo de impulsar a creación de redes de colaboración e fortalecer o tecido cultural, a universidade ofréceche unha programación cultural que recolle multiplicidade de expresións artísticas: obradoiros, cursos, concursos, seminarios, xornadas relacionadas co teatro, cine...
Accede ás instalacións deportivas En cada un dos nosos campus podes atopar instalacións e múltiples actividades deportivas para desenvolver a actividade física que máis che gusta: actividades dirixidas, escolas deportivas, actividades no medio natural…
Acceso aos recursos da biblioteca Fai uso do amplo conxunto de recursos de información dispoñibles, así como dos espazos e servizos para facilitar o emprego deses recursos e dar soporte ás túas actividades de aprendizaxe e de desenvolvemento profesional.
Forma parte da rede nacional de alumni Por ser usuario ou usuaria da comunidade alumni-UVigo, tamén formas parte da Federación Alumni-España, a cal integra máis de corenta asociacións de antigos alumnos/as e amigos/as das universidades españolas, escolas de negocios e diversas asociacións.
En canto entres a formar parte de alumni da Universidade de Vigo, terás acceso á nosa rede privada, creada só para vós.
Nela podes ter contacto directo con outras e outros alumni. Será un espazo aberto, respectuoso e de interacción para o beneficio mutuo.
Ademáis, terás acceso a novas de interese, grupos con obxectivos comúns e rexistro en eventos promovidos pola alumni-UVigo ou pola propia Universidade de Vigo.
© 2025 Alumni Universidad de Vigo
Aviso legal | Privacidade | Cookies