Premios Alumni 26
CONVOCATORIA DE PREMIOS ALUMNI-UVIGO 26
Convocamos a 5ª edición dos Premios Alumni-UVigo co fin de promover a excelencia e recoñecer o labor persoal e profesional daquelas persoas usuarias da comunidade Alumni-UVigo que destaquen por unha traxectoria que achegue valor e teña unha clara vontade de inducir cambios na sociedade.
Os premios establécense nos seguintes ámbitos:
- Investigación
- Impacto Social
- Humanidades
- Traxectoria profesional
- Emprendemento
PRESENTA A TÚA CANDIDATURA
Tes un proxecto entre varios compañeiros/as da Universidade?
Podes presentarte de forma individual ou grupal.
As candidaturas poden presentarse en dúas modalidades:
- AUTO-CANDIDATURA – Preséntate ti mesma/o e comparte os teus logros!
- NOMINACIÓNS “de ALUMNI a ALUMNI” – Nomina a alguén q que admires polo seu camiño profesional.
Prazo de rexistro nas dúas modalidades ata o 10 de xuño
REXÍSTRATE
Xa estás rexistrado como membro da comunidade Alumni-Uvigo?
Se todavía non estás non te preocupes que podes facelo premendo no seguinte botón: