Pensaches en reunirte coas amizades da universidade?

Dentro da comunidade atoparás os teus antigos compañeiros e compañeiras universitarios. Poderás volver establecer o contacto, velos e, por suposto, lembrar cada unha das experiencias compartidas no pasado.

Xuntos o noso futuro será mellor

Manter o contacto cos antigos compañeiros e compañeiras é importante para abrir novas fronteiras e mirar cara ao futuro. Cantos deles buscan xente do teu perfil? Cantos terán empresas coas que colaborar? Abrimos este espazo para que te beneficies destas sinerxías.

Necesitas o apoio e a axuda de alguén?

Velaquí a túa oportunidade. Desde alumni-UVigo podes contactar con persoas expertas interesadas en proxectos e con profesorado que resolva as túas dúbidas no lugar de traballo ou no campo técnico. Un mundo de experiencia e de sabedoría para ti. Vas deixalo escapar?

Que e a comunidade alumni-UVigo?

A comunidade alumni-UVigo é un servizo creado en febreiro de 2021 pola Universidade de Vigo co obxectivo de xerar un novo espazo de comunicación que permita non só manter activo o vínculo entre a institución e as persoas que nalgún momento mantiveron con ela unha relación académica ou contractual, senón tamén dentro do propio colectivo. Para acadar este obxectivo, facilitaremos a realización das colaboracións que atendan a intereses comúns, impulsando a presenza desta comunidade na universidade e fomentando o valor e o orgullo de pertenza.

Estamos desexando volver verte. Queremos escoitar as túas suxestións e as túas inquedanzas e informarte das nosas actividades. Tamén che ofrecemos servizos e propostas para sentirte parte desta comunidade.

A comunidade alumni-UVigo é un proxecto novo pero non por iso comezamos a andar en soidade!
Para situar os antecedentes desta comunidade, debemos remontarnos ao ano 1997. Foi entón cando se creou a Asociación de Amigos e de Antigos Alumnos da Universidade de Vigo, co obxectivo de impulsar e de favorecer os lazos entre a sociedade, o tecido empresarial e a nosa universidade. A día de hoxe esta asociación continúa a súa actividade con José María Franco García á cabeza e máis de cen persoas asociadas que participan activamente nas súas actividades.
No ano 2016, case vinte anos máis tarde, comezou unha iniciativa pioneira en España, o Observatorio das Persoas Tituladas da Universidade de Vigo, liderado polo primeiro reitor, Luis Espada Recarey. Creouse co fin de manter unha canle para continuar coa elaboración de estudos de seguimento da inserción laboral do antigo alumnado. Así, este observatorio permítenos dispor dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións no ámbito da Universidade de Vigo.
Sen ningunha dúbida, estas iniciativas, ao igual ca a comunidade alumni-UVigo que agora comeza a súa andaina, naceron e creceron grazas ao apoio incondicional do Consello Social da Universidade de Vigo. Desde a súa constitución no ano 1995, o Consello Social leva apoiando e incentivando estas e outras iniciativas co fin de contribuír de maneira eficaz ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico e cultural de Galicia.

Se es alumni da Universidade de Vigo, agardámoste!

Es titulado ou titulada pola Universidade de Vigo? Xenial! Xa formas parte da nosa comunidade alumni. Só tes que rexistrarte para gozar de todas as vantaxes.

Participaches nalgún programa de mobilidade? Aínda que te graduaras noutra universidade, se algunha vez estudaches na Universidade de Vigo, tamén podes unirte á nosa gran familia.

PDI: se pertences ou pertenciches ao noso persoal docente e investigador, podes ser membro da nosa comunidade alumni.

PAS: es parte do noso colectivo de persoal de administración e servizos? Convidámoste a unirte a este grupo para formar entre todos e todas unha gran familia.

Goza das de formar parte da comunidade alumni-UVigo

A formación integral é un dos compromisos que adquire a universidade. Por este motivo ofrecémosche unha formación continua para satisfacer as túas inquietudes intelectuais e persoais unha vez que saias da universidade para que continúes aprendendo e esteas ao día. Ademais de ofrecerche formación oficial de posgrao, na Universidade de Vigo dispoñemos dunha oferta formativa variada e atractiva de títulos propios para profesionais de distintos sectores.

En cada un dos nosos campus podes atopar instalacións e múltiples actividades deportivas para desenvolver a actividade física que máis che gusta: actividades dirixidas, escolas deportivas, actividades no medio natural, rutas culturais, campionatos…, co abono mUVer ou como usuario/a ocasional do servizo.

Accede a cursos de linguas ofrecidos polo Centro de Linguas con prezos especiais por ser parte da comunidade. A oferta inclúe a aprendizaxe e a mellora do inglés, alemán, francés, chinés e portugués. Ademais poderás realizar exames oficiais de acreditación de nivel CertAcles, exames propios do Centro de Linguas, DELE (Instituto Cervantes), TOEFL e HSK…

Atopa o apoio que precisas na elaboración do teu itinerario persoal de busca ou mellora de emprego, orientación na análise e no traballo coas ferramentas necesarias para acceder aos procesos de selección, tales como o currículo, cartas de presentación, protocolo para entrevistas de selección de persoal, probas psicotécnicas etc.

Fai uso del amplo conxunto de recursos de información dispoñibles, así como dos espazos e servizos para facilitar o emprego deses recursos e dar soporte ás túas actividades de aprendizaxe e de desenvolvemento profesional. Este servizo está presente nos tres campus a través dunha rede formada por once bibliotecas.

Dende a Universidade de Vigo pomos á túa disposición un servizo de apoio á creación de empresas, mediante o cal persoal técnico especializado en emprendemento poderá axudarche a madurar a túa idea de negocio.

Co obxectivo de impulsar a creación de redes de colaboración e fortalecer o tecido cultural, a universidade ofréceche unha programación cultural innovadora, acorde cos tempos e plural que recolle multiplicidade de expresións artísticas: obradoiros, cursos, concursos, seminarios ou xornadas relacionadas co teatro, cine, literatura ou arte.

Poñemos á túa disposición o servizo de ofertas de emprego e de prácticas, ben para facilitarche que atopes o emprego que buscas, ben, se tes unha empresa, para achegarte ás titulacións da Universidade de Vigo e que poidas coñecer e contratar os e as profesionais que máis se axusten ás túas necesidades.

Por ser usuario ou usuaria da comunidade alumni-UVigo, tamén formas parte da Federación Alumni-España, a cal integra máis de corenta asociacións de antigos alumnos/as e amigos/as das universidades españolas, escolas de negocios e mesmo diversas asociacións de persoas egresadas universitarias radicadas no ámbito hispanoamericano.

E se aínda dubidas... Poñémoste en contacto con todos os teus compañeiros e compañeiras alumni!

En canto entres a formar parte de alumni da Universidade de Vigo, terás acceso á nosa ferramenta de rede social. Será unha rede privada, creada só para vós.

Nela podes ter contacto directo con outras e outros alumni e coñecer quen poida ser do teu interese. Será un espazo aberto, respectuoso e de interacción para o beneficio mutuo.

Ademais, e como parte da dinamización desta rede, terás acceso a novas de interese, grupos con obxectivos comúns e rexistro en eventos promovidos pola alumni-UVigo ou pola propia Universidade de Vigo.

Ademais da nosa rede social, haberá colaboracións entre os perfís e os roles asumidos por algúns dos e das alumni. Experto/a, mentor/a, anfitrión/oa, embaixador/a, mecenas ou patrocinador/a son algúns dos roles cos que poderás actuar ou gozar dentro do alumni. Non é obrigatorio pertencer a ningún destes colectivos, pero si é unha gran vantaxe ter xente con grande experiencia e poñela a disposición dos e das alumni:

Ademais faremos encontros...

Realizaremos eventos para os e as alumni da Universidade de Vigo. Na medida das nosas posibilidades, trataremos que nos vexamos as caras en eventos presenciais nos cales as e os alumni poderán reunirse, falar e establecer lazos de unión e contacto presencial.
Desde reunións sociais a charlas e eventos con temáticas transversais de interese. Calquera opción será propicia para xerar eses momentos de encontro, socialización e intercambio de axuda e de información.

Organizarremos polo menos un encontro ao ano a fin de xerar a devandita interacción.

Como me fago alumni-UVigo?

Agardámoste. Para rexistrarte como alumni-UVigo preparamos un formulario ao que podes acceder dende o botón de abaixo. Con só algunha información que che pedimos no devandito formulario de solicitude, podemos comprobar se es un membro correcto dos noso antigo alumnado.


Unha vez comprobada a túa identidade como membro da Universidade de Vigo, recibirás no teu correo electrónico unha confirmación de admisión xunto cunha ligazón para acceder á inscrición final. Nela terás que rematar de encher o formulario coa información recollida no teu perfil e pedirache que aceptes tanto a normativa coma a política de privacidade da comunidade de antigo alumnado. Todo co fin de enriquecer e de fomentar relacións máis frutíferas e beneficiosas para todo o noso antigo alumnado.


O noso obxectivo final é mellorar as circunstancias do noso antigo alumnado e facer da Universidade de Vigo un exemplo de comuñón entre a actividade docente e os logros do noso antigo alumnado. En poucos minutos comezarás a formar parte.

Os nosos e as nosas alumni están ansiosos por comezar...

Conta comigo!





    0
      Members
    • Active
    • New
    • Online
    • Groups
    • Active
    • Newest
    Nuestra web utiliza cookies propias y de terceros para analizar sus hábitos de navegación y elaborar estadísticas sobre su interacción con nuestro sitio web. Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.    Más información
    Privacidad