Premiados Alumni 22

Categoría: Premio Alumni-Uvigo Traxectoria profesional

Maria Luz Abeijón Vidal

Maria Luz Abeijón Vidal:

Enxeñeira industrial pola Universidade de Vigo, traballou en 3 industrias referentes (automoción, enerxía e petróleo), en 5 países e dirixindo equipos internacionais en 5 continentes, o que lle leva a falar 4 idiomas. Foi a única enxeñeira líder, muller e estranxeira do seu equipo de traballo. Actualmente desenvolve a súa profesión en Houston, como experta internacional líder en Xestión de Calidade na industria petroleira. Ao longo da súa traxectoria mentorizou enxeñeiros junior e foi voluntaria en organizacións sen animo de lucro, prestándolles apoio tanto no ámbito profesional como persoal.

Categoría: Premio Alumni-Uvigo Emprendemento

Bibiana Rodiño Janeiro

Bibiana Rodiño Janeiro:

Enxeñeira Industrial con especialización en Ingenieria Mecánica, pola Universidade de Vigo. É fundadora e CEO de “BETA Implants”, empresa de enxeñería que nace no ano 2019 co obxectivo de deseñar, desenvolver, fabricar e comercializar implantes específicos para traumatoloxía, ortopedia e neurocirugía veterinaria. Bibiana é unha amante do I+D e da filosofía lean, defensora da igualdade entre xéneros e crente de que os cambios empezan nun mesmo.

Categoría: Premio Alumni-Uvigo Humanidades

Martín Rodriguez Vázquez

Martín Rodriguez Vázquez:

Graduado en Educación Primaria pola Universiade de Vigo. Os seus traballos exhibíronse en máis de 50 festivais de cinema de todo o mundo, en países como Grecia, Francia, Colombia, Brasil ou Arxentina e foi seleccionado a participar en prestixiosos festivais de cinema como Málaga, Cans ou Nocturna de Madrid. Resultou gañador de varios premios en festivais de cinema, como o Premio ao Mellor curto galego en Festival Fancine de Lemos ou Mellor curto no Festitmage de Catalunya. Algún dos videoclip que realizou emitiuse pola MTV e foi seleccionado entre os mellores videoclips nacionais.

Categoría: Premio Alumni-Uvigo Impacto Social

Andrea Ruzo García

Andrea Ruzo García:

Licenciada en Tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Leva mais de 12 anos traballando no deseño e na implementación de proxectos de sustentabilidade social e ambiental en todo o mundo. Despois de traballar con organismos públicos e privados, no ano 2020 cofundó FieldsData, unha organización galardoada pola Cruz Vermella, que busca aumentar a transparencia do sector humanitario. Seleccionada polo Banco Santanter como unha das líderes con maior potencial do ano 2020, dende hai poucos meses dirixe a Fundación ECOALF, unha organización que busca concienciar sobre o problema do lixo mariño e que coa axuda de máis de 3200 pescadores de todo o mundo ata o de agora retirou máis de 1000 toneladas de residuos do océano.

Categoría: Premio Alumni-Uvigo Investigación

Belén Riveiro Rodríguez

Belén Riveiro Rodríguez:

Enxeñeira Técnica Forestal e doutora pola Universidade de Vigo. Foi investigadora principal en varios proxectos de investigación en concorrencia competitiva de programas nacionais e internacionais, publicou máis de 80 artigos científicos, e é autora de 7 patentes (3 delas con contrato de explotación). No ano 2017 foi galardoada cunha Medalla Juan López de Peñalver da Real Academia de Enxeñería nos Premios a Mozos Investigadores. Ademais, recibiu o Premio á Investigación 2006 da Deputación de Pontevedra na categoría Tese de Licenciatura e Proxectos Fin de Carrera en Ciencia e Tecnoloxía e o Premio Accésit ao mellor proxecto de I+D+i dentro da convocatoria de Premios á Innovación en Infraestruturas Viarias da Plataforma Tecnolóxica Española da Estrada.

Nuestra web utiliza cookies propias y de terceros para analizar sus hábitos de navegación y elaborar estadísticas sobre su interacción con nuestro sitio web. Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.   
Privacidad